A Rolda da Muralla estará en obras a partir de mañá

Mañá está previsto que dean comezo as obras  de reparación das canalizacións e asfaltado da Ronda da Muralla, no tramo comprendido entre a rúa San Roque e a Praza Bispo Odoario. O Concello de Lugo realizará estas actuacións de mellora en varias fases para poder garantir a mobilidade, tanto de vehículos como de peóns. Deste xeito, estableceranse 3 tramos, o primeiro entre a Rúa San Roque e a metade da Praza Asturias, o segundo entre a outra metade da Praza Asturias e a Avenida da Coruña e un terceiro entre a Avenida da Coruña e a Praza Bispo Odoario.

Vías alternativas en 7 puntos da cidade

As obras estarán sinalizadas en todo momento con carteis informativos, que ofrecerán aos condutores vías alternativas en 7 puntos diferentes da cidade: na Praza Fonte do Rei -en sentido entrada á cidade-, na rúa Vilalba co Carril dos Loureiros, no inicio da rúa Pintor Corredoira coa Avenida República Arxentina, na glorieta situada entre a Avenida Carlos Azcárraga e a rúa Serra de Meira, na glorieta situada entre a Avenida Duquesa de Lugo, rúa Monforte e rúa Alta, -en sentido entrada da cidade-, na Avenida da Coruña coa rúa Mallorca e na rotonda da Avenida das Américas coa rúa Carlos V  Pimentel, en sentido entrada da cidade.

Seguridade vial e sinalización

En materia de seguridade vial e sinalización circunstancial, as obras de reparación quedarán sempre delimitadas mediante un valo, habilitando pasos a garaxes, podéndose retirar todo aquel mobiliario urbano que afecte á execución da obra. Asemade garantirase un paso mínimo dun metro de ancho.

Terá prioridade o paso ao tráfico de vehículos pola Ronda da Muralla nos diferentes cruces semafóricos, suprimiranse as zonas de estacionamento no tramo da obras e disporase de operarios para regular e garantir a seguridade do tráfico rodado e dos peóns en todo momento.

Entre as modificacións da circulación cabe destacar que na rúa Castelao estará prohibida  no sentido ascendente. Tamén  se cortará a rúa Luís Cordeiro na súa confluencia co Miguel de Cervantes, aínda que se permitira circular aos residentes, servizos, así como aos traballadores e servizos da Xunta.

Permitirá a circulación dende a Ronda cara a rúa Conde e Monforte, se ben impedirase o acceso á Ronda dende dita intersección, desviando o tráfico ascendente da rúa Conde pola rúa Monforte. O tráfico será canalizado dende a Praza de San Fernando polo carril central da Avenida da Coruña ata o inmoble número 20, habilitándose en sentido contrario ao habitual.

Prohibirase o acceso á Ronda dende Camiño Real e modificarase a preferencia de paso no cruce da rúa Concepción Arenal con Camiño Real. Tamén se impedirá a saída de vehículos da Ronda á calle peonil rúa da Xesta, permitíndose a saída cara a rúa Concepción Arenal

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com