Rolda Leste, un necesario acceso ao HULA

Dende hai case sete anos a Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo, vén reclamando a construción da Rolda Leste, porque repotará un gran beneficio para os pacientes e familias que teñen que acudir ao HULA,  procedentes das áreas de Guntín, Palas de Rei, Chantada, Monforte, Sarria, Pedrafita, Navia de Suarna, que conflúen en Nadela e, ata a data, deben percorrer vías urbanas da cidade ou pola estrada do Intre (un viario cuxa misión é dar servizo ao denominado Parque ou paseo do Intre, considerada zona de lecer), para tomar as ligazóns que conducen ao HULA. Por seguridade e saturación todo o mundo entende que isto non é lóxico e máis cando todos sabemos que desde o mes de decembro do ano 2009 hai un decreto da Xunta de Galicia publicado en DOGA nº 252 de data 29 de Decembro, polo que se anuncia resolución do 18 de Decembro para a licitación do procedemento aberto multicriterio harmonizado: contrato de servizos para a realización do proxecto de trazado e construción da obra Rolda Lste de Lugo, tramo II:LU-530  N-V, de clave LU/01/084.01.2 (at/072/2009, tramitación anticipada. É destacable que este proxecto co mesmo título foi publicado no BOE nº 308 de data 23 de decembro de 2009 baixo referencia BOE-B-2009-44602, en ambos os documentos o prazo de execución e entrega era de 12 meses.

Esta Federación Provincial de Asociacións de Veciños, á vista do esquecemento do que fai gala a Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia para esta obra, que consideramos sumamente necesaria, pedimos celeridade á conselleira na entrevista persoal mantida en Lugo o pasado ano, na que solicitamos a inclusión nos orzamentos autonómicos de 2017 e en datas previas á aprobación destes, novamente enviamos ao Presidente da Xunta de Galicia e ao Gabinete da Conselleira, a nosa valoración dos orzamentos, onde incluíamos no punto un, a construción da citada Rolda Leste.

Dado que non se atendeu a nosa petición, en nome das xentes de Guntín a Navia de Suarna, nos orzamentos aprobados, pedimos agora como opción, a execución con orzamento  especial e con carácter de urxencia desta obra, que transcorridos máis de sete anos, non debe permanecer en espera (todo ten un límite), mentres continua habendo plans para obras ou proxectos de difícil execución e mesmo non solicitados por veciños ou usuarios.

Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com