Román Rodríguez felicita ao Concello de Quiroga por estender a tradición gaiteiril entre os máis novos

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Román Rodríguez, que participou na XXXIV Feira do Viño de Qiuroga, felicitou ao Concello por manter e estender a tradición musical galega entre os máis novos con iniciativas como o I Encontro Infantil do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.

Na clausura do encontro, o conselleiro lembrou a importancia de incidir na formación musical desde idades temperás e louvou o labor das agrupacións e das bandas a prol do mantemento da tradición e do herdo musical popular. “Coa gaita, un instrumento que está presente na cultura galega desde a Idade Media, exprésase a sabedoría do pobo”, concluíu.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com