Rosa Arza pide “incentivos, medidas de emprendemento e residencia” para afrontar o reto demográfico

A senadora do PP por Lugo, Rosa Arza solicitou hoxe, establecer incentivos para motivar a que a poboación emprenda e instálese en zonas do rural; “isto non só afecta á provincia de Lugo, senón que é un grave problema que incumbe a practicamente toda a xeografía nacional”.

A senadora lucense defendeu unha moción pola que se insta ao Goberno a implantar axudas, para incentivar a vida no medio rural “debemos incentivalos. Que comprar unha vivenda no rural lles supoña unha vantaxe. Que emprender, montar un negocio e, máis aínda, crear postos de traballo no rural, non se converta nunha odisea administrativa”.

Pero sobre todo, Rosa Arza fixo fincapé en que “os habitantes do rural sexan tratados como cidadáns de pleno dereito e dispoñan de todos os servizos: educación, sanidade, rede de transportes, banco; para que vivir no rural non se converta nunha pelexa constante”.

A senadora popular por Lugo defendeu na súa intervención establecer incentivos para motivar a que a poboación emprenda e se instale en zonas do rural, e destacou que o Executivo galego puxo en marcha iniciativas como a Lei de impulso demográfico do Executivo de Alberto Núñez Feijóo. Isto na súa opinión, ten como obxectivo reter á poboación, atraer talento, porque “o contrario suporía ver desaparecer máis de 3.400 concellos no noso país”.

Rosa Arza calculou que só na provincia de Lugo hai 17 concellos condenados a desaparecer nos vindeiros anos. “No PP estamos comprometidos con estes 17 municipios e cos 3.400 que completan a lista a nivel nacional”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com