A Agrupación socialista de Cospeito aprobou por aclamación a candidatura da actual voceira municipal, Rosa Morán, para liderar a lista do PSOE á alcaldía de Cospeito para as próximas eleccións municipais. Rosa Morán estará acompañada por outras dúas mulleres, Loli Alvariño e Carmen Nodar, como número 2 e 3 respectivamente.
“Loli Alvariño é unha das novidades da candidatura dos socialistas en Cospeito. Esta veciña da parroquia de Pino foi directora dun medio de comunicación en Lugo e trátase dunha persoa moi coñecida e valorada polos veciños do Concello. Carmen Nodar, actual Concelleira do PSOE é natural de Cospeito e está facendo un labor fundamental no consistorio. Dende a agrupación, con estas dúas compañeiras en primeira plana, amosamos o noso compromiso por desenvolver políticas cunha perspectiva de xénero que atenda as demandas e necesidades dos cospeitenses”, destacou Morán.
A candidata do PSOE á alcaldía avanzou que “engadiremos máis caras novas a lista co obxectivo de combinar xuventude e experiencia ao proxecto dos socialistas en Cospeito. Presentaremos unha candidatura sólida, traballadora e tenaz para acabar con case 30 anos de desgoberno e parálise por parte do Alcalde do PP e, deste xeito, darlle un novo rumbo a Cospeito”.
Abr 23, 2019 - 11:17 PM
Pero Loli Alvariño no era del PP no entre nada🙄
Abr 23, 2019 - 05:33 PM
Moita sorte Rosa Morán Luaces ⚘⚘⚘