O Grupo popular valora positivamente o investimento do goberno da Xunta en materia de emprego salientando que no que levamos de ano se leva investido en programas de emprego no municipio preto de 600.000 euros impulsando a contratación de máis de 60 lucenses.
Os últimos talleres que se veñen de conceder para o municipio lucense beneficiarán a un total de 36 persoas. Un dos programas está integrado no paquete de garantía xuvenil e beneficiará a 16 menores de trinta anos. A achega económica para o seu desenvolvemento é de 154.262 € e os contidos que tratará son os relativos á confección e publicación de páxinas web así como xestión de marketing e comunicación.
Outro dos obradoiros que se porán en marcha, e que terá nove meses de duración máis tres de posibles prácticas laborais, é un programa encamiñado a formar aos participantes en producción fotográfica e dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais. O investimento que aporta a Xunta é de 288.807 € ofertando un total de 20 prazas.
As persoas desempregadas que se beneficiarán destes obradoiros de emprego adquirirán coñecementos teóricos e prácticos en distintas especialidades e recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o territorio español. No que levamos de ano a Xunta, a maiores destes dous programas, tamén subvencionou outros empregos como a achega de 142.538 € para 20 traballadores da Risga para prestar servizos por sete meses ou a contratación de 4 socorristas para a cal concedeu 12.000.000 €.