Rubén Arroxo advirte da presenza de novas fendas na Muralla

O voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, advertiu da existencia dunha nova fenda nun cubo da Muralla da Lugo en fronte ao edificio administrativo da Xunta de Galicia.  Arroxo pediu que se tomen as medidas precisas para evitar un posible derrube ou o deterioro desta parte do monumento Patrimonio da Humanidade. “É responsabilidade de todas e todos estar atentos ao coidado e mantemento da Muralla, xa que o símbolo de Lugo e un dos monumentos máis importantes de Galiza apuntou Arroxo.

O edil do BNG – Asembleas Abertas dixo que este tipo de fendas poñen en perigo a estabilidade estrutural dos cubos nos que aparecen e informou que se trata “dunha fenda en sentido vertical que se pode incrementar polo efecto das choivas que viviremos nestes días”. Rubén Arroxo apuntou á responsabilidade da Xunta de Galicia no mantemento da Muralla e pediu “que se actúe con prontitude e dilixencia como é necesario por tratarse dun monumento Patrimonio da Humanidade”.

.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com