O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo Rubén Arroxo, anunciou no día de hoxe que dende a Área de Mobilidade e Infraestruturas Urbanas enviouse ao servizo de contratación a proposta de investimento dos remanentes do Plan Único de 2018. Un total de 118.155,47 € que se destinarán á pavimentación de tres rúas da cidade e á posta en marcha da primeira fase, consistente en 9 pasos de cebra elevados, do plan de seguridade vial na contorna dos centros educativos.
Arroxo indicou que as rúas a pavimentar son o Camiño de Rosende e a rúa Lumbrigante, no barrio de Abella, e a rúa Pousadela na Cheda, ademais da construción de pasos de cebra elevados para garantir o acceso seguro aos centros de ensino en:
CEIP As Mercedes, CEIP Illa Verde, , CEIP Rosalía de Castro, IES Ollos Grandes e CEIP Anexa, un paso na Rúa Galicia, dous pasos na rúa Montirón, e outros dous na rúa Roi Xordo e catro pasos na rúa Ramón Ferreiro
Segundo Arroxo, deste xeito “mellorarase a seguridade no acceso aos centros educativos, a colocación destes pasos de cebra elevados servirá para avanzar no calmado do tráfico nas zonas escolares”. O tenente de alcalde sinalou que “traballamos para complementar as medidas que xa se están implantando dende a propia Dirección Xeral de Tráfico e que van encamiñadas a cidades con tráficos calmados e cun menor número de vehículos a motor circulando”.
Xul 31, 2019 - 11:17 PM
Deixade algún carto prá cortar as pólas e así poder beber!! 😁😁