O BNG – Asembleas Abertas sumase ás peticións das persoas usuarias da Escola Infantil Gregorio Sanz para que se acometa, de xeito definitivo, o arranxo do acceso a estre centro educativo. Rubén Arroxo informou que “existen queixas de persoas usuarias que serán tratadas na comsión de queixas e suxestións por este motivo” e lembrou que en xuño de 2014 o BNG xa reclamara este mesmo arranxo.
Arroxo sinalou que “o estado do camiño de acceso non é desastroso pero hai que ter en conta que a este centro acoden nenas e nenos de moi curta idade e moitos deles vai en carriños que teñen un difícil tránsito polas condicións nas que se atopa a entrada”.
Para os ediles do BNG – AA “non é normal que tratándose dunha instalación de titularidade municipal e tendo que actuar nun camiño de apenas 6 metros de lonxitude non se fagan as intervencións necesarias para adecuar a superficie de tránsito ás características e necesidades das persoas usuarias”.