Rubén Arroxo propón enlazar a cidade coa rede de sendeiros do Miño a través de dúas pasarelas

O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou hoxe un proxecto para unir o centro da cidade co entorno do río Miño dentro do Plan EDUSI, fíxoo cun proxecto na man para crear dúas pasarelas, unha delas entre o aparcadoiro do Pazo Municipal de Deportes e o parque Marcos Cela e a outra entre este mesmo parque e o paseo do Miño. Arroxo adxuntou na súa presentación as infografías nas que se recolle o que sería a ubicación das pasarelas e o seu enlace coa rede de sendeiros fluviais.

O voceiro municipal do BNG explicou que, grazas a este proxecto, Lugo conseguiría conectar a cidade cos máis de 40 km de sendeiros que rodean o río Miño “algo que non existe en ningún lugar do estado por que ningunha cidade do estado que dende o propio casco histórico se poida acceder a máis de 40 km de sendeiros fluviais”. A ubicación das pasarelas propostas polo BNG permitiría acceder camiñando ou en bicicleta aos sendeiros do río Miño sen ter que circular por vías polas que circulan vehículos a motor. 

Rubén Arroxo sinalou que “os 12,5 millóns do EDUSI permitirían financiar a construción dunha das pasarelas e a outra podería facerse chegando ao un acordo co Ministerio de Fomento”. Arroxo lembrou que “este Ministerio leva moitos anos sen facer investimentos en Lugo e agora está gobernado polo mesmo partido que o concello de Lugo o cal debería, en principio, facilitar as cousas”.

Arroxo afirmou que se trata dun proxecto alternativo e eficiente á proposta do PSOE de gastar 1 millón de euros nunha pasarela inútil con columnas dóricas. O voceiro do BNG avanzou que “é un proxecto interesante que levaremos ao Pleno da Corporación por que entendemos que é bon para Lugo e que todos os grupos lle darán o seu apoio para poder darlles contido aos investimentos que se fagan con eses 12,5 millóns de euros”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com