Rubén Arroxo reúnese co novo presidente de Lugocentrum

O novo presidente do Centro Comercial Aberto Lugocentrum, José Luis Pérez mantivo unha xuntanza con representantes do BNG, para presentarlles o equipo que encabeza e que inicia unha nova andaina ao fronte deste colectivo empresarial lucense.

Na xuntanza participaron o candidato á alcaldía de Lugo do BNG-Asambleas Abertas Rubén Arroxo e a número dous da candidatura, Maite Ferreiro. Arroxo manifestou o apoio da opción política que representa a todas as iniciativas que fomenten o desenvolvemento do comercio local.

Rubén Arroxo dixo que “o pequeno comercio é un dos motores desta cidade”. Para o candidato do BNG-Asambleas Abertas, “dende as institucións compre apoiar as iniciativas da xente que aposta por Lugo, e que mantén durante tantos anos unha asociación que da resposta ás necesidades de modernización e promoción do comercio”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com