O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, vén de rexistrar a súa candidatura para encabezar a lista de cara ás eleccións municipais do 2023. Rubén Arroxo explicou que “o BNG é unha organización democrática, e todas as cuestións importantes, como a cabeza de lista de cara a unhas eleccións municipais, escóllense entre toda a militancia”.
O Responsábel local do BNG, Felipe Rivas explicou que “o Consello Local abriu un procedemento no que calquera militante pode presentar a súa candidatura”, e engadiu “a asemblea local reunirase o vindeiro luns 26 e escollerá á cabeza de lista de cara ás eleccións de 2023”.
A proposta que aprobe a Asemblea Local será posteriormente refrendada polo Consello Comarcal e polo Consello Nacional do BNG.