Rubén Otero afea ao alcalde de Castroverde a celebración dun pleno presencial cando coñecía o positivo dun edil do PSOE que non asistiron

O voceiro do Partido Popular de Castroverde, Rubén Otero, afea ao alcalde socialista do municipio a celebración dun pleno presencial cando coñecía a existencia dun positivo entre os edís do PSOE. O popular cre que “o pleno puido desenvolverse de forma telemática ou, incluso, ser atrasado para celebrarse noutra data”.

Otero considera reprobable a decisión do alcalde de continuar adiante co pleno sabendo que “os seis concelleiros socialistas que non asistiron estaban pendentes dunha PCR”. Segundo o voceiro do PP, “debera ter tomado outra decisión para non poñer en risco a saúde dos asistentes ao último pleno”.

O popular ten presente a actual situación que vivimos definida por importantes restricións co obxectivo de frear o avance dos contaxios de coronavirus e considera que “ante esta irresponsabilidade por parte do alcalde de Castroverde cabe pedir a súa dimisión e así o estudaremos nos vindeiros días”. Otero ten pedido “explicacións” ante “a falta de rigor” derivada desta delicada situación da que fai responsable ao rexedor local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com