O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, pediu onte un último esforzo ao partido na provincia de Lugo para “acadar unha maioría absoluta coa que frear o retroceso que pretende implantar o multipartito e seguir sendo unha envexa para toda España: Confío moitísimo na provincia de Lugo porque sei que os seus bos resultados son froito da motivación e do convencemento do moito que nos xogamos o 18 de febreiro”.
A cambio, o candidato popular,ofrece aos lucenses “o balance do feito nestes anos e un programa serio e rigoroso no que se inclúen medidas que se van cumprir. Falou así do Centro Integral de Saúde (CIS) no Barrio da Residencia, o futuro centro de saúde no Sagrado Corazón, o centro para persoas con Alzheimer que se porá en marcha no antigo Hospital de Calde ou o equipamento para o tratamento de enfermidades oncolóxicas que se instalou no HULA”.
Apostou tamén pola mellora da vertebración territorial da provincia, con “infraestruturas como a Ronda Leste ou a mellora das conexións ferroviarias. Así como por un apoio rotundo para que o proxecto de Altri sexa unha realidade a pesar de que as plataformas vinculadas ao BNG teñan a desfachatez de pedir que non se dediquen fondos a unha iniciativa tan importante para Lugo e para Galicia”.
Alfonso Rueda asegurou que “quere seguir sendo presidente de Galicia durante os próximos catro anos para que a nosa Comunidade siga apoiando ás familias e ás persoas con dependencia, atraendo invstimentos e aproveitando oportunidades. E neste sentido amosouse categórico: “En vez de falar mal de Galicia como fan outros, eu o que quero é dicir que imos ben e que temos que mellorar aínda máis”.
Tamén aseverou que “non podemos volver ao modelo de imposicións e de división entre bos e malos galegos” se o BNG quere aspirar a gobernar, o primeiro que debería facer é “crear a Consellería de adoutrinamento e imposición” Ironizou
Pola súa banda, a presidenta do PP e cabeza de lista ás eleccións autonómicas pola provincia de Lugo, Elena Candia, apelou durante o mitin central de Lugo ao voto de diferentes grupos da sociedade.
“Humildemente, pido o voto ás mulleres dende un proxecto político que me permitiu escribir en feminino unha páxina da traxectoria de institucións coma a Deputación Provincial. Fun a primeira muller que a presidiu deixando un legado que aínda hoxe está vivo e que demostrou que gobernamos para todos. Son a primeira muller que preside o PP a nivel provincial. Somos un proxecto no que as mulleres temos oportunidade para decidir”.
Tamén pediu a confianza dos maiores, “os nosos referentes que co seu esforzo e sacrificio nos deixaron unha sociedade mellor e para os que queremos que teñan todo o que precisen” tamén pediu o voto para os autónomos e empresarios, “máis pequenos e máis grandes, que demandades celeridade na burocracia, certezas e clarificación na nosa economía”. E animou á xente moza a confiar no Partido Popular nunha comunidade na que van ter a gratuidade na primeira matrícula universitaria, un apoio ao emprendemento, programas como o Talento 30, o programa de primeira experiencia na empresa, o Bono Mozo para o inicio da actividade que son medidas para reter o talento mozo e apoiar as súas primeiras experiencias laborais. “Galicia é un lugar excepcional para vivir e traballar. Que non se fíen dos que a critican e desprezan”.
Renayou dicindo que “precisamente dende o Campus de Lugo quero lembrar o compromiso do presidente Rueda por darlle continuidade ao mapa de titulacións universitarias, ampliándoo ou adaptándoo a unha oferta educativa especializada na agricultura, na gandaría e no sector forestal sustentable”,