Durante unha sesión de fotos diante da muralla, á que acudiu Alfonso Rueda, a candidata do PP pola provincia de Lugo Elena Candia, prometeu “unha campaña de proximidade para facer chegar aos lucenses o proxecto de Rueda para Galicia da man do partido que máis se parece aos lucenses e aos galegos”.
O obxectivo é “garantir en Galicia un goberno estable e con sentidiño” que “traballe dende a honestidade para xestionar e defender aos galegos”.
“PSOE e BNG presumen constantemente do que carecen, tal e como os seus feitos demostran. Pola contra, o Partido Popular ten demostrado traballar dende a seriedade e pegado ao territorio”, conclúe a número un da candidatura por Lugo.