O novo contrato, cuxo orzamento base de licitación ascende a 11.755.936,30 euros, sae a contratación por un período de 2 anos coa posibilidade de prorogarlo ata un máximo de cinco. Ademais nas bases xa se contempla un posible incremento do 20% pola fluctuación dos prezos, o que supón que o valor máximo do contrato supoñerá un investimento de 33,911.354 millóns de euros. “O eixo sobre o que pivota toda a nosa xestión municipal son as persoas. Ningún lucense vai quedar atrás, a atención ás nosas persoas maiores é e seguirá sendo unha prioridade para o noso Goberno”, sinalou a responsable de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde.
“Este contrato incorpora unha serie de novidades que redundarán nun mellor funcionamento do servizo e unha mellor atención ás persoas usurarias. Deste xeito, o Concello esixe ás empresas concursantes presentar un anexo que desagregación no prezo presentado por hora. Así, evitamos baixas temerarias, garantimos a correcta atención das persoas maiores e asegurámonos que os traballadores e traballadoras desempeñen o seu labor nunhas condicións dignas. Por outra parte, increméntase o persoal técnico xa que aspiramos a contar cun axudante de coordinación do SAF, o que sen dúbida repercutirá de forma positiva, xa non só no servizo prestado, senón á hora de valorar as necesidades das persoas usuarias”, apuntou a edila de Benestar Social.
Ademais, como novidade “inclúese” unha bolsa económica que cubra servizos de transporte adaptado para realizar acompañamentos a xestións e consultas médicas” e mellórase as do servizo de fisioterapia a domicilio e podoloxía.