O Concello de Lugo dá un paso máis na execución dos fondos europeos EDUSI coa publicación este sábado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da licitación do contrato para a redacción dos proxectos técnicos das 5 primeiras actuacións coas que arranca este programa, que como indica o seu nome, Muramiñae, da Muralla ao Miño, ten como obxectivo unir o río e a cidade. Deste xeito, mañá ábrese un prazo de 15 días para que as empresas interesadas presenten as súas propostas.
O contrato, cun orzamento de 168.000€, inclúe a elaboración dos estudos de viabilidade e proxectos da reforma da Volta da Viña, a pasarela peonil ao campo de fútbol, a prolongación do paso subterráneo baixo a N-VI, a posta en valor do patrimonio do Carme e a descontaminación dos solos deste barrio.
Aínda quedando algún trámite pendente por parte do Goberno central, o Concello quixo axilizar ao máximo este proxecto e comezar a licitar canto antes para poder investir á maior brevidade posible os fondos europeos acadados.
A estratexia EDUSI coa que Lugo conseguiu fondos da Unión Europea conta cun orzamento total de 12,5 millóns de euros, o 80% (10M€) achegado por Europa a través do FEDER.
Os 5 primeiros proxectos
O plan arranca coa licitación dos estudos de viabilidade e a redacción dos proxectos construtivos das seguintes 5 actuacións, que suman un investimento de 2,5 millóns de euros: reforma da Volta da Viña, asarela peonil ao campo de fútbol Anxo Carro ,prolongación do paso subterráneo baixo a N-VI, posta en valor do patrimonio histórico e cultural no barrio do Carme, descontaminación e rehabilitación de solos contaminados no barrio do Carm. O prazo de execución do contrato de redacción dos proxectos é de 4 meses.
–