San Cibrao celebra este sábado a XXXV edición da Maruxaina

Mañá venres a partir das 19:00h co pre-chupinazo dende a prazoleta dará comezo os actos festivos da Maruxaina 2022 e a continuación degustacion de empanadas típicas galegas e bolos preñados; a partir das 21:00h nomeamento d@ Maruxain@ de  Honra 2022 a cargo da Asociación Amigos da Maruxaina.

O día grande será o sábado 13 de agosto a partir das 11:00h co gran chupinazo e onde charangas e gaiteiros irán poñendo a todo o mundo en pé cun pasarrúas por todo o pobo.

A partir das 19:00h competicións  de Maruxainos nas diferentes especialidades: carretilla, corda, carreira de sacos.

ÁS 23:00h desembarco da Maruxaina. Os mariñeiros traena para terra despois de darlle pesca, mentres outros con sinais luminosas orientanse dende Anxuela para chegar ata a veira da praia do Torno. Durante todo o traxecto poderase gozar de fogos de artificio.

Ás 00:00h  gran xuízo popular a Maruxaina e a partir da 1:30h verbena popular.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com