Sanidade dá luz verde á Hemodinámica ás 24 horas no HULA

Sanidade vén de dar luz verde a que o Hula poda atender infartos as 24 horas do día, de luns a domingo, dende o vindeiro 18 de febreiro. Unha situación que veciños e políticos da oposición levaban tempo reclamando á Xunta. A ampliación do horario implica a extensión de dez horas diarias, xa que, no pasado mes de febreiro activouse a Hemodinámica de 8 da mañá ata as dez da noite incluidas as fins de semana e os festivos. 

Pese a todas as cousas boas que tiña o horario, deixaba aos facultativos de urxencias coa obriga de trasladar á Coruña  aos pacientes de infartos que se producían de noite ou madrugada, que con frecuencia é o que máis gravidade reviste.

O Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, presentou esta mañá o novo servizo no Hula. Nunha rolda de prensa, o conselleiro explicou que a decisión de ampliar ata as 24 horas o servizo veu a raíz da recomendación do grupo de expertos tras a análise do rexitro do Regaliam.

Almuíña asegurou que hoxe en día o HULA é un “dos mellores hospitais de Galicia e, posiblemente, a nivel nacional” e defendeu as melloras nas instalacións e nos servizos levadas a cabo nos últimos anos. Neste senso, o conselleiro eloxiou o traballo realizado no centro polo doctor Juanatey e todo o seu equipo que “foron, en máis dun caso, pioneiros”.

“Lugo gana ao PP”

Asemade,o Secretario Xeral do PSOE na Provincia, Álvaro Santos, achegouse este mediodía ao Centro Hospitalario falando da loita que o seu partido encabezou, xunto coa Federación de Veciños de Lugo, a favor da Hemodinámica 24 horas na cidade. Santos Ramos destacou que “Lugo gana ao PP. Pero isto non pode acabar aquí. Non imos permitir o silencio sobre as dramáticas consecuencias humanas por retrasar esta decisión política durante 10 anos”.

Os socialistas seguirán a reclamar ao Goberno galego do PP a información que oculta sobre os lucenses que morreron por non contar con esta prestación na súa provincia e os danos ocasionados. Os últimos datos oficiais facilitados corroboran que Lugo lidera a taxa de mortalidade por infarto de miocardio aos 30 días en Galicia, duplicándoo con respecto á Coruña e Pontevedra: 4,6 fronte ao 2,9. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com