Sanidade informa que nas últimas 24 horas houbo 8 novos positivos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Seguen ralentizandose os casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo. Segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade estes son os últimos datos aportados de infectados por Covid-19  en Galicia é de 4.137, 55 máis que onte;  deles 1.446 son da área da Coruña, 804 da de Lugo, 417 da de Ourense, 308 da de Pontevedra, 337 da área de Vigo, 677 da de Santiago, e 148 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 177 en unidades de hospitalización e 3.943 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.438 persoas curadas, rexistrándose 656 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 359.055.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com