Sanidade realizará probas completas de Covid-19 aos colectivos máis expostos da Mariña

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, trasladoulle está mañá aos alcaldes e alcaldesas da Mariña que, a súa consellería vén de acordar a realización dun estudio epidemiolóxico completo aos colectivos profesionais máis expostos á Covid-19 nos 14 concellos que conforman o distrito sanitario da Mariña.

Entre o conxunto de profesionais aos que se lle realizarán as probas epidemiolóxicas atópanse o persoal sanitario dos centros de saúde, PAC e hospitais da comarca, os corpos de policía local, ademais doutros colectivos vulnerables, como son o Servizo de Atención no Fogar (SAF), os membros de Protección Civil, o persoal de socorrismo ou os traballadores municipais e membros da corporación local.
Na xuntanza que diariamente manteñen os responsables do departamento sanitario da Xunta cos rexedores mariñáns, Almuiña comunicou que desde Sanidade se realizará un exhaustivo cribado de profesionais e colectivos vulnerables para optimizar a detección precoz de posibles novos casos de persoas infectadas por coronavirus.
O responsable da carteira sanitaria galega, explicou que a folla de ruta marcada pola consellería que dirixe desenvolverase dun xeito progresivo durante as vindeiras datas e que, priorizarase a realización das probas, segundo a situación epidemiolóxica de cada concello.
Neste senso Burela, o municipio que conta co maior número de casos activos neste momento, será onde se inicie o cribado dos colectivos máis expostos á covid-19 para, de seguido, continuar co conxunto de concellos costeiros, nos que todavía existe algún tipo de restrición sanitaria para, finalmente, testar ao persoal do conxunto dos concellos do interior da comarca, que xa non contan con restricións de mobilidade.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Xul 14, 2020 - 02:31 AM

    Un pouco tarde, polo menos parece que se fai algo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com