Santiago Rodríguez López, biólogo lucense, profesor da Universidade de Bristol U.K., ven de gañar o primeiro premio do XLVII Certame de Xornalismo sobre o Nadal, convocado polo Centro cultural “José Domínguez Guizán” de Begonte, co seu artigo “Caladas mensaxes gorecidas no Belén de Begonte”, publicado en Galicia Digital (www.galiciadigital.com), dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos.
O segundo premio, dotado con 300€ e estatuíña, concedeuse a “As zocas da espiritualidade en Begonte están”, do profesor e escritor Pepe Pol, de Montefurado-Quiroga.
O Xurado estivo formado por Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta de Galicia; José Ulla Rocha, Alcalde de Begonte; Jesús Domínguez Guizán, Presidente do Centro cultural convocante; Blanca Pacín Somoza, Bibliotecaria, e José Rodríguez Gómez, secretario do Centro Cultural.
Os premios serán entregados o próximo sábado, 28 de xaneiro, ás 17,00, h., no de curso dos actos de clausura do Cincuentenario do Belén de Begonte, no salón de actos do Centro cultural, impulsor do Belén.