O edil Álvaro Santos fixo unhas declaracións onde di que “lamenta que o PP cree unha alarma inxustificada e irresponsable ademáis dun dano aos veciños do rural”, explicando ao tempo que “na elaboración do prego de condicións tivéronse en conta, entre outros criterios, o crecemento do municipio e as súas novas esixencias, pero tamén o seu crecemento na vindeira década, así como as características dos distintos barrios e parroquias, os hábitos de consumo da veciñanza e o modelo de cidade sostible”.
“O PP, é capaz de comprometer e danar a imaxe dun sector e da cidade con tal de ter protagonismo mediático”, incidiu o edil de Medio Ambiente, que hoxe afirmaba que “nos pregos do novo contrato de basura si estan incluídas todas as parroquias para a consecución da mellor limpeza posible situandonos na vangarda e como un referente en limpeza, pero tamén en parámetros sociais e de sustentabilidade”
En resposta a suposta non recollida de plastico na zona rural o edil quere deixar claro que “increméntanse os recursos dispoñibles para poder levar a cabo esta función co obxetivo de ter mais capacidade para prestar o servizo en todo o Concello de Lugo, xa que ese é o ámbito deste contrato”.
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular, afirmaba que “as parroquias da zona rural tamén se ven esquecidas neste prego de licitación xa que non se contempla a posta en marcha dun punto limpo móvil”, Alvaro Santos contesta que “efectivamente, as parroquias non disporan dun punto limpo si non que disporán de dous, ademais do actual punto limpo fixo situado no Ceao, incorpórase un punto limpo móbil, que funcionará de luns a sábado con 2 equipos específicos, co fin de favorecer a recollida selectiva dos residuos que habitualmente xa se levan ao punto fixo, pero tamén os de orixe doméstica que, ben por ser reciclables, ou ben por estar considerados tóxicos e perigosos, non deben eliminarse co resto de refugallos”.
Álvaro Santos, supervisa a primeira obra en Lugo de sustitución de fibrocemento
O concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, visitaba esta mañá as obras de canalización de iluminación pública en Aviación Española, que contemplan exclusivamente a obra civil necesaria para realizar a canalización, coa reposición de pavimentos da gabia, que discorre por beirarrúa, sendo a rede de abastecemento de fibrocemento implica que esta execución de sustitución sería a primeira en toda a cidade.
O concelleiro explicou que “nese tramo de rúa a rede de abastecemento é de fibrocemento e tamén discorre por beirarrúa, en paralelo á canalización de iluminación prevista, polo que existe un risco importante de que coa execución das obras rompa ou sufra danos que poidan ocasionar roturas posteriores, pero dáse a circunstancia ademais que estaba previsto acometer a substitución da tubaxe de fibrocemento nesa rúa durante este exercicio económico, de modo que co fin de non demoler dúas veces a beirarrúa nun curto período de tempo, coas molestias e afeccións que iso conleva, exponse a execución das obras de renovación da tubaxe de abastecemento de forma simultánea, exclusivamente no tramo no que se vai a executar canalización de iluminación pública”.
As obras foron adxudicadas a través dun contrato menor a Ogalia Contratas S.L. por un importe de 38.962,00 € máis IVE. Dende o punto de vista técnico é preferible a execución das dúas obras de forma simultánea debido ás interferencias que hai entre ambas, os riscos de afeccións e roturas durante a fase de execución de, así como a adecuada reposición de pavimentos que no conxunto das dúas obras afecta a toda a beirarrúa.