Santos: ” Os desacreditados na nosa provincia son os representantes do PP”

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, subliñou hoxe que “os desacreditados na nosa provincia son os representantes do Partido Popular. En primeira instancia Feijóo e logo o seu principal cómplice en Lugo: Balseiro. Xuntos, co beneplácito de todos os seus compañeiros do PP na provincia, teñen sometido aos lucenses a nun castigo permanente alí onde gobernan”.

“Téñennos sen Hemodinámica 24 horas; sen médicos de familia e pediatras, especialmente no rural; sen especialistas nos hospitais comarcais; con longas e longas listaxes de espera na sanidade pública, situación que agravaron logo de que nos impuxeran, con toda a sociedade en contra, o fin das áreas sanitarias para derivarnos aínda máis á privada, pois nin hai máis médicos, nin máis servizos sociais, só máis precariedade e peor atención pública”, expresou Santos Ramos despois das críticas vertidas polo dirixente do PP na Xunta, durante a presentación da candidatura á alcaldía de Ramón Carballo, o pasado venres.“Teñen aos pacientes aparcados en urxencias ou na zonas de observación durante días porque quixeron pechar as plantas dos hospitais…”.

“Desacreditado está na provincia de Lugo o Partido Popular, Balseiro e Feijóo porque mentiron e deixaron aos lucenses sen o proxecto para o barrio da Residencia; porque son os únicos responsables de que non teñamos Rolda Leste, o Museo da Romanización no Cuartel de San Fernando, a Vía de Alta Capacidade da Mariña ou o desdobramento do corredor cara a Monforte”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com