A Volta á Galicia percorrerá un ano máis a xeografía lucense, co apo. Sarria será o punto de referencia das dúas primeiras etapas da proba que reúne os mellores ciclistas das categorías Sub-23 e Elite e que se celebrarán o 12 e o 13 de setembro.
1º Etapa. 12 de setembro.
A primeira etapa da Volta a Galicia será unha contrarreloxo individual con saída na rúa da Liberdade e chegada na rúa Maior (fronte á Igrexa de San Salvador), e un percorrido de 7,1 quilómetros pola vila e a contorna da localidade. A proba comezará ás 18.00 horas.
2ª Etapa. 13 de setembro.
O trazado deseñado para a segunda etapa da Volta a Galicia, con chegada e saída na rúa da Liberdade, conta con 160 quilómetros nos que os
ciclistas percorrerán tamén outros concellos das comarcas de Sarria e Lugo como Samos, Láncara, O Páramo, O Corgo, Castroverde, Baralla e Lugo (Nadela). A proba iniciarase ás 12.00 horas cunha saída neutralizada.
Trátase dun itinerario de media montaña con terreo bastante rápido e rompepernas, con Montán (Samos) e Sobrado (Baralla) -portos de terceira categoría- como puntos máis altos do circuíto.