O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participou este sábado na IV Feira Internacional do Porco e os seus produtos -FIPORCO- e a XI Festa do Cocido do Porco Celta no Mercado Gandeiro de Sarria.
Tomé Roca destacou que “dende a Deputación apostamos polos produtos autóctonos e de calidade e este evento é unha boa oportunidade para poñer en valor este produto que xera tanta riqueza na nosa provincia”. Ademais, o Presidente resaltou a alta participación de xente nesta feira, “que dá mostra da importancia que ten esta cita na comarca e en toda a provincia. Estamos nun evento consolidado dentro das citas gastronómicas de Lugo”.
A Deputación colabora con este evento coa gravación por parte dos Servizos Audiovisuais provinciais da Feira de Gando, do pregón, do xantar e do nomeamento de Cazoleiros e Tixoleiros 2020.