Folk no Camiño Fest é un festival que nace con vocación de permanencia e que amosará durante tres días, 22,23 e 24 de xullo, os últimos traballos discográficos dos grupos e artistas máis sobranceiros da música folk e celta das cinco autonomías que estarán presentes nesta primeira edición: Euskadi, Cataluña, Cantabria, Canarias e Galicia.
Folk no Camiño Fest terá lugar na praza da Vila de Sarria. Nesta primeira edición actuarán en directo cinco grupos que están percorrendo o Estado Español baixo a denominación de IBERIAN ROOTS.
O venres 22 inauguran o festival os cataláns ROS ás 23:30h
O sábado 23 e a partir das 23:00h os canarios MIGUEL AFONSO GRUPO e o grupo de música galega BRATH.
Pecharan o festival o domingo 24, o cántabro MANUEL LUNA Y BRENA e os vascos KORRONTZI.
FOLK NO CAMIÑO FEST está patrocinado polo Concello de Sarria e a Xunta de Galicia a través de Xacobeo 21-22.