Satisfacción no CB Sarria pola resposta a súa campaña solidaria

Un Nadal máis o Club Baloncesto Sarria propuxo a toda a súa “familia” unha recollida de libros e xoguetes para as persoas máis necesitadas da nosa contorna. Para iso contou coa inestimable colaboración de Cáritas Interparroquial de Sarria, quen se encargará de repartir as achegas obtidas.

Deste xeito, dende mediados a finais de decembro, colocáronse catro caixas no pavillón Novo Chanto de Sarria para depositar nelas as aportacións que os compoñentes da entidade entregaban. Así, a enorme resposta, fixo posible doar á ONG sarriá un total de quince recipientes, entre caixas e bolsas, todos eles cheos de xoguetes e libros que seguro que ilusionarán a rapaces e rapazas o vindeiro día 6 deste mes. Dende a entidade baloncestística do sur lucense recalcar o agradecemento a todos aqueles que pensaron nas familias que non teñen recursos e que poidan así gozar do día de Reis.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com