A Secretaria Xeral de Familia, Amparo González, estivo hoxe en Lugo, xunto con Perfecto Rodríguez, Xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, visitando a escola infantil Sagrado Corazón onde falou das medidas de conciliación familiar e laboral e das prazas que ofertarán nos centros infantís para o próximo curso 2016-2017.
Amparo González afirmou que se acaba de publicar a resolución de prazas infantís para as familias galegas e considerou este, “un recurso moi importante para que as mulleres podan manterse ou incorporarse no mercado laboral”, polo que o tildou dunha “medida de igualdade”.
Dende a Xunta pretenden seguir aumentando as prazas nos centros de educación infantil, polo que, para o vindeiro curso, poñen a disposición das familias 9739 prazas en 176 en escolas públicas de toda galicia e 424 prazas concertadas, en escolas infantís privadas.
Tres novidades importantes que propón a Xunta para o curso que ven e favorecerán a conciliación, son que as prazas ou escolas infantís dependentes da Xunta abrirán unha escola infantil por concello durante as vacacións de verán ou nadal, independentemente do número de nenos e nenas que acudan, os pais e nais que cambien de residencia poderan solicitar praza noutra escola pública se o estiman necesario; asemade, a Xunta permitirá que as familias que teñan un fillo con praza concertada podan solicitar, para o segundo fillo praza na mesma escola infantil.
Pola súa parte, Perfecto Rodríguez aclarou que no que respecta á provincia de Lugo se abrirá unha nova escola en Burela, para o curso que vén, quedando así dispoñibles 612 prazas na provincia.