Por cuatro día consecutivo os contaxiados polo andazo da Covid-19 segue á baixa nas últimas 24 horas o total de persoas contaxiadas é de 814, 34 menos que onte.
APola súa banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.281 deles 1.304 son da área da Coruña, 473 da de Ourense, 470 da de Pontevedra, 366 da área de Vigo, 670 da de Santiago, e 184 da de Ferrol, aos que hai que sumar os casos de Lugo.
Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 221 en unidades de hospitalización e 4.034 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.222 persoas curadas, rexistrándose 681 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 394.634.