Xornal de Lugo Xornal de Lugo

Segue a conta atrás para o comezo das tertulias de Xornaldelugotv

O vindeiro luns, 13 de maio, comezarán de novo as tertulias en Xornaldelugotv e farano cun debate sobre a encruzillada na que se atopa o nacionalismo galego logo dos resultados das eleccións xerais onde ningunha das formación políticas que representan ás diferentes opcións políticas do ámbito nacionalista acadou representación.

A esta primeira tertulia acudirán tres representantes que formaron parte do BNG e un representante do propio Bloque Nacionalista Galego.

Na información que este xornal publicou onte había un erro, pois indicaba que o debate ían protagonizalo catro ex-membros do BNG, cando o que debía informar era: un representante do partido nacionalista e tres ex-membros desta formación, dous que militan actualmente en dúas formación políticas distintas e un terceiro que está nestes momentos fora da política.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com