Segue baixando o número de casos activos por Covid-19 na área de Lugo

Nas últimas 24 horas rexistraronse 3 casos menos de contaxios por coronavirus na provincia de Lugo.

Segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade,  na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 920,  70 menos que no día de onte no que se rexistraban 990. Deles 225 son da área da Coruña, 60 da de Lugo, 141 da de Ourense, 40 da de Pontevedra, 265 da área de Vigo, 161 da de Santiago, e 28 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 permanecen en UCI, 72 están en unidades de hospitalización e 836 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.607 persoas curadas, rexistrándose 610 falecementos.

O último falecemento rexistrado en Galicia por coronavirus correspóndese cunha muller de 65 anos que estaba ingresada no CHUS e presentaba patoloxía previas.

O número de PCR realizadas é de 131.948.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com