Segue baixando o número de casos por Covid-19 na área de Lugo

Continúa a baixar o número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo. Nas últimas 24 horas houbo un caso menos, é dicir, 38, segundo informa a  Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na súa última actualización;

En Galicia o número de casos activos de coronavirus é de 569, deles 139 son da área da Coruña, 38 da de Lugo, 52 da de Ourense, 15 da de Pontevedra, 193 da área de Vigo, 112 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanecen en UCI, 23 están en unidades de hospitalización e 545 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.148 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 147.188.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com