Segue baixando o número de infectados por Covid-19 tan só 41 casos en Lugo

Un día máis, na Área sanitaria de Lugo segue baixando o número de infectados por Coronavirus, nas últimas 24 horas a cifra sitúase en 41, tres menos que onte, a piques de entrar na trintena.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 732, deles 167 son da área da Coruña,  75 da de Ourense, 28 da de Pontevedra, 266 da área de Vigo, 135 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 permanecen en UCI, 33 están en unidades de hospitalización e 695 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.958 persoas curadas, rexistrándose 616 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 142.755.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com