Segue baixando o número de persoas infectadas polo Covid-19 en Lugo

Un dia máis Lugo e a súa provincia seguen arroxando datos positivos no control do Coronavirus. Xa que antonte eran 592 os afectados polo andazo, onte había un menos e hoxe o total de afectados coñecidos é de 590, Ademais só quedan nas UCI nove persoas.

Parece que na nosa provincia comeza o descenso, ou cando menos contense. Estas boas noticias non poden facernos pensar que se pode baixar a garda, nada máis lonxe da realidade. Nestes momentos é de vital importancia para dobregar a pandemia que aseguremos o traballo feito durante este último mes. O que compre nestes intres e seguir as indicacións das autoridades sanitarias e facer o derradeiro esforzo para

Os datos diarios que facilita a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta son que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.973, deles 1.271 son da área da Coruña, 590 da de Lugo, 1.187 da de Ourense, 504 da de Pontevedra, 1.077 da área de Vigo, 1.007 da de Santiago, e 337 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 133 permanecen en UCI, 733 están en unidades de hospitalización e 5.107 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.240 altas de pacientes e 384 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 48.337.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com