O números seguen desbocados por mor do andazo que dende hai case un ano estamos a padecer. Nas últimas vinte e catro horas a cifra de infectados alcanzou os 1098, sesenta e sete.
Na última actualización de datos, aDirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.508, deles 3.129 son da área da Coruña, 1.098 da de Lugo, 1.739 da de Ourense, 983 da de Pontevedra, 2.333 da área de Vigo, 2.245 da de Santiago, e 981 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 98 están en UCI, 557 en unidades de hospitalización e 11.853 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 62.251 persoas curadas, rexistrándose 1.503 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.241.661.