Na última xornada volveron baixar os casos de infectados por Coronavirus na provincia de Lugo, 433, trinta e sete menos que onte Tamén os novos contaxios que foron 13 cifra menor que no día anterior. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.194 deles 575 son da área da Coruña, 246 da de Ourense, 148 da de Pontevedra, 386 da área de Vigo, 344 da de Santiago e 62 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 71 en unidades de hospitalización e 2.097 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 176.941 persoas curadas, rexistrándose 2.618 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.808.224 e o número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.324.100.