O casos activos volven baixar unha xornada máis pero pola contra suben de novo os contaxios, 19 foron as persoas que se contaxiaron nas últimas horas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.676, deles 1.270 son da área da Coruña, 327 da de Lugo, 230 da de Ourense, 492 da de Pontevedra, 631 da área de Vigo, 405 da de Santiago e 321 da de Ferrol.
Do total de doentes positivos, 80 están en UCI, 302 en unidades de hospitalización e 3.294 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 107.708 persoas curadas, rexistrándose 2.268 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.714.758.