Seguen a baixar os infectados por coronavirus en Lugo

13 casos activos menos na área sanitaria de Lugo nas últimas 24 horas. O andazo segue baixo control en Lugo e provincia, grazas ao confinamento das persoas nos seus domicilios, e de seguir así a mediados de mes os casos poderían reducirse de xeito significativo, aínda que pode haber algún repunte.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.808, deles 658 son da área da Coruña, 166 da de Lugo, 462 da de Ourense, 160 da de Pontevedra, 781 da área de Vigo, 455 da de Santiago, e 126 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 30 permanecen en UCI, 206 están en unidades de hospitalización e 2.572 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.802 persoas curadas, rexistrándose 582 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 107.957.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com