Seguen as denuncias da Policía Local por incumprir Estado de Alarma

Aínda que a maioría da veciñanza de Lugo esta a respectar o Estado de Alarma decretado polo goberno, quedan persoas que se resiten a cumprir o confinamentpo. Así no transcurso desta fin de semana, levantáronse 11 actas de infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, identificándose a 148 persoas e interceptando a 505 vehículos. Entre os denunciados atópanse persoas que circulaban dentro do vehículo, na mesma fila de asento, sen utilizar ningunha medida de seguridade como máscara ou luvas e sen que o desprazamento estivera xustificado ou o caso dunha persoa, residente en Ourense, que se dirixía dende Begonte á cidade de Lugo para ir ao caixeiro.

Tamén se detectaron dous vehículos que circulaban carecendo de seguro obrigatorio de automóbiles, motivo polo cal se abriu expediente aos seus titulares con multa de 1.500 euros, sendo retirados polo Servizo de Guindastre ao depósito municipal onde quedaron inmobilizados ata que se presente o certificado do SOA.

Asemade, produciuse unha detención por desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade; efectivos da Unidade Territorial da Policía de Barrio da Policía Local de Lugo procederon, sobre as 18:20 horas do día 26 de abril, á detención dunha muller, nacida no ano 1968, como presunta autora dun delito de desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións. Os feitos ocorreron cando unha patrulla detecta á agora detida deambulando polos xardíns existentes ao pé da Muralla Romana á altura do nº 100 da Rolda da Muralla, sen causa que xustifique que realiza algunhas das actividades autorizadas polo Real Decreto de declaración do Estado de Alarma. Por tal motivo solicitan a súa identificación, negándose esta a facilitar aos axentes a documentación, polo que a requiren para que, ao amparo da Lei de Protección da Seguridade Cidadá, os acompañe ás dependencias policiais máis próximas para a práctica desta dilixencia, volvéndose a negar. Dadas as circunstancias, os axentes procederon a súa detención e foi trasladada a dependencias policiais onde se instruíron dilixencias para o Xulgado de Garda.

Tamén o Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, tivo que intervir por mor dos ruídos no interior de vivendas,.

A primeira intervención produciuse ás 0:25 horas na Praza da Liberdade onde os veciños dun inmoble queixábanse dos ruídos, provenientes dunha vivenda, que lles impedían conciliar o sono. Os axentes advertiron á causante que debía de absterse de producir ruídos a esas horas da madrugada, cesando inmediatamente as molestias.

A segunda intervención foi sobre as 0:50 horas nunha vivenda da Ronda das Fontiñas, onde os veciños do inmoble queixábanse do volume excesivo dun equipo de música que se estaba utilizando no seu interior. Os axentes identifican á responsable advertíndolle das molestias que estaba a causar, apagando inmediatamente o equipo de reprodución musical, levantando acta ao amparo da Ordenanza de Protección Ambiental.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Esperpento
    Abr 28, 2020 - 02:46 AM

    Mucha campaña de publcidad se está haciendo la policia. Sòlo les falta decir cuando van al baño!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com