Seguen as xuntanza para designar alcalde de Lugo

A xuntanza que PSOE e Lugonovo celebraron onte para fixar posicións de cara a buscar puntos de encontro que permitan investir alcalde a un membro da candidatura socialista, transcorreu de xeito que os participantes cualificaron de cordial.

Cada formación expuxo as súas razóns non chegando a ningún acordo por mor das posturas de uns e outros, pois mentres o PSOE mantén, polo momento, a López Orozco como candidato á alcaldía, Lugonovo reiterou que en tanto non propoñan outro candidato non se volverán reunir cos negociadores socialistas, xa que non contemplan apoiar a Orozco en ningún suposto.

A persistencia do PSdG en manter ao actual alcalde en funcións como candidato tivo xa as primeiras consecuencias na negativa do BNG a reunirse co equipo socialista para manter os primeiros contactos. A resposta dos nacionalistas quedou diametralmente clara: non haberá ningunha xuntanza co PSOE mentres o candidato a alcaldía sexa Xosé López Orozco. Así que ao PSOE só lle queda a posibilidade de propoñer outro candidato se quere manter a alcaldía de Lugo.

No momento que isto ocorra, tanto Lugonovo como BNG están dispostos a negociar o apoio ao candidato socialista. Outra cousa será se estas dúas formacións están dispostas a entrar no goberno municipal ou so apoian a investidura e pasan á oposición. Para sabelo haberá que agardar a que as dúas formacións celebren cadansúa asemblea.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com