Seguen baixando o número de casos activos por Coronavirus en Lugo

Nas últimas 24 horas volveuse producir unha baixada de casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo. Son 14 casos menos que onte, aínda que se seguen producindo bastantes contaxios, alcanzando a cifra de 11 novos casos detectados, segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. 

En canto  ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.865; deles 642 son da área da Coruña, 182 da de Lugo, 211 da de Ourense, 458 da de Pontevedra, 854 da área de Vigo, 433 da de Santiago e 85 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 38 están en UCI, 134 en unidades de hospitalización e 2.693 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 119.465 persoas curadas, rexistrándose 2.401 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.161.664.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.575.711.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com