Seguen baixando os casos activos de coronavirus na Área de Lugo

Nas últimas vinte e catro horas volveu baixar a cifra de casos activos de coronavirus na Área sanitaria de Lugo. Se onte os infectados eran 744, a cifra situouse en 725, 19 menos que onte. A nivel de Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.350, deles 1.178 son da área da Coruña, 725 da de Lugo, 527 da de Ourense, 658 da de Pontevedra, 440 da área de Vigo, 637 da de Santiago, e 184 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 207 en unidades de hospitalización e 4.114 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.758 persoas curadas, rexistrándose 715 falecementos. As dúas últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron varón de 96 anos que faleceu no Hospital Lucus Augusti e unha muller de 85 anos que tamén faleceu no HULA. Ambos presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 426.934.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com