Lugo segue ca desescalada de infectados nas últimas 24 horas en Lugo e provincai hai cinco casos activos menos, o que arroxa un total de 161 persoas contaminadas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.703, deles 635 son da área da Coruña, 407 da de Ourense, 142 da de Pontevedra, 725 da área de Vigo, 525 da de Santiago, e 108 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 25 permanecen en UCI, 180 están en unidades de hospitalización e 2.498 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.347 persoas curadas, rexistrándose 592 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 114.836.