Seguen baixando os infectados na área de Lugo

Tres persoas saíron da listaxe de infectados pola Covid-19 nas últimas 24 horas en Lugo e provincia, o que arroxa un saldo de trinta persoas as que aínda dan positivo por coronavirus, ningunha delas na UCI.

Segundo a última información da Consellería de Sanidade o número de casos activos por coronavirus en Galicia é de 524 deles 119 son da área da Coruña, 44 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 194 da área de Vigo, 107 da de Santiago, e 14 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 22 están en unidades de hospitalización e 501 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.242 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com