Un día máis os infectados polo andazo seguen reducíndose en Lugo e provincia. Nas últimas vintecatro horas a cifra baixou de 49 a 44, é dicir 5 casos menos. De continuar esta progresión, nos próximos días podería quedar unha cifra residual de infectados, o que fará que nos vaiamos olvidando deste meses de confinamento. Do que si, non nos debemos de esquecer é de seguir cumprindo as normas que indican as autoridades sanitarias.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 749, deles 170 son da área da Coruña, 82 da de Ourense, 29 da de Pontevedra, 269 da área de Vigo, 136 da de Santiago, e 19 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 3 permanecen en UCI, 36 están en unidades de hospitalización e 710 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.936 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 141.331.