Seguen a baixar os infectados por Coronavirus na Área de Lugo

Antonte eran 858 as persoas infectadas, onte a cifra reducíase a 829, vinte e nove menos, hoxe a cifra sitúase en 788, corenta e unha menos. Lugo segue dobregando a curva e volvemos a cifras de hai dous meses, agardemos que as vindeiras festas todos sexamos respectuosos coas directrices da autoridade e cumpramos de xeito estrito as normas. Do contrario dentro dun mes estaremos inmersos na terceira ondada e non sei se iso pasaría unha factura demasiado alta.

Os datos que ven ded comunicar a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade son: casos activos de coronavirus en Galicia 6.726 deles 1.376 son da área da Coruña, 788 da de Lugo, 402 da de Ourense, 990 da de Pontevedra, 1.800 da área de Vigo, 784 da de Santiago, e 586 da de Ferrol.

Do total de doentes positivos, 64 están en UCI, 342 en unidades de hospitalización e 6.320 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 46.226 persoas curadas, rexistrándose 1.250 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 934.532.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com