Seguimento masivo na primeira das tres folgas xerais en Correos ás portas da campaña electoral

CC.OO, como sindicato maioritario en Correos e no conxunto do sector, cualificou de masivo con máis dun 85%, o seguimento da primeira das tres folgas convocadas en Correos ás portas da campaña electoral. No caso de Lugo, a folga foi secundada polo 65% dos traballadores.

Na Oficina Principal de Lugo tan só limítase a informar aos clientes que é xornada de folga, a Sucursal 2 situada no edificio multiúsos da Xunta está pechada, e na Sucursal 1, na rúa Mallorca tan só hai un posto de atención ao cliente traballando.

O Secretario Xeral de CCOO Correos, Regino Martín Barco, calificou de irresponsables á empresa postal pública e á Sociedade Estatal de Participacións Industriais, “por non formular servizos mínimos que poderían carrexar atrasos na correspondencia electoral ás portas da campaña, e sinalou que “é unha mostra evidente da nula importancia que lle dan o servizo postal público”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com