A Concellería de Deportes, dirixida por José Manuel Díaz Grandío, informa que este domingo 31 de maio a partir das 12:30 horas celébrase o 2º encontro da Liga LEJ (Liga Experimental de Judo) en Lugo, entre o IDAV CARE e o JC.SHIAI de A Coruña.
Unha das particularidades desta liga é que compiten os catro titulares de cada equipo contra os catro do equipo contrario, o que permite ver combates de judokas de 73 Kgrs contra judocas de máis de 100 Kgrs nun tempo a tres minutos que fai que un deportista lixeiro con boa técnica e bo físico poida gañar a judokas de pesos superiores. En total serán 16 combates que durarán un total de 45 minutos.
Esta é a única liga de judo con este formato en todo o Mundo e os competidores que representan ao IDAV CARE son: en menos de 73Kgrs, Borja Álvarez que foi subcampión Gallego Junior e Adrián Mucientes, campión de España.
En peso inferior a 81 Kgrs Pablo Trillo, que é o terceiro clasificado de España Junior e Pedro Teijeiro, campión de España Junior. Xa en peso superior pero para menos de 90 Kgrs David Pérez que é Campión Galego Junior e en máis de 90 Kgrs Sergio Trillo, que ten o título de Campión de España Junior y Senior.
Pola súa parte, o equipo coruñés, un dos máis destacados a nivel galego, JC. SHIAI, convocará aos mellores competidores entre os que destacan varios medallistas nacionais en categoría superior senior e junior.