Seis estudantes lucenses de FP premiados con 850 euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se conceden premios extraordinarios de Formación Profesional para o curso 2013/14, cada un deles cunha achega de 850€ para os estudantes galardoados. Un total de 6 estudantes de centros educativos coruñeses resultaron galardoados con este recoñecemento.

En concreto recibirán o premio Deborah Álvarez Seoane (da familia de Enerxía e auga do CIFP As Mercedes, Lugo); Julio José Losada Romero (da de Servizos socioculturais e á comunidade do CIFP Politécnico de Lugo, Lugo); José Ramón Martínez Rodríguez (da de Instalación e mantemento do IES Gregorio Fernández, Sarria); María Núñez Chao (da familia de Informática e comunicacións do IES Muralla Romana, Lugo); Maite Pena Regueira (da de Administración e xestión do IES Muralla Romana, Lugo); e Álvaro Muiña Pérez (da de Electricidade e electrónica do CIFP Politécnico de Lugo, Lugo).

Para poder acceder aos premios, os alumnos e alumnas tiveron que cumprir co requisito de ter cursados estudos de formación profesional de grao superior no ano académico anterior nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e telos rematados no ano 2014.

Estes premios concédense en réxime de concorrencia competitiva, e tívose en conta a cualificación final do ciclo formativo dos candidatos, que tiña que ser igual ou superior a 8,50; e os méritos relacionados co título profesional. A obtención destes premios dalle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior; precisamente navúltima convocatoria nacional catro estudantes galegos obtiveron premio.

O fin destes galardóns é recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados novesforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de formación profesional de grao superior en Galicia e enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo a Consellería para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo da Autonomía galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com